O IES As Bizocas do Grove participará nunha nova edición de "Canteira de igualdade"

O Salnés
24 de outubro 2022

A Deputación de Pontevedra ven de presentar a segunda edición de "Canteira de igualdade", un innovador programa, lanzado de xeito piloto por vez primeira o pasado ano, arrancará este martes, 25 de outubro

O IES As Bizocas uníuse á folga polo clima IES As Bizocas

A Deputación de Pontevedra ven de presentar a segunda edición de "Canteira de igualdade", un innovador programa, lanzado de xeito piloto por vez primeira o pasado ano, arrancará este martes, 25 de outubro, cun obradoiro sobre "Mulleres influencers e homes gamers" a cargo de Priscila Retamozo e Chis Oliveira no IES Valadares. 

A programación continuará ata finais de decembro noutros sete institutos de ensino secundario e centros públicos integrados. O 7 de decembro será no IES As Bizocas do Grove.

Os obradoiros serán impartidos por Chis Oliveira, catedrática de Filosofía; Priscila Retamozo, politóloga e coordinadora do proxecto coeducativo "Comando Igualdade"; Luisa Abad, licenciadad en Pedagoxía e premio á Innovación Educativa en prevención de violencia de xénero; e Amada Traba, con máis de tres décadas de experiencia asesorando no campo da socioloxía de xénero e políticas de igualdade.

Se o pasado ano afondouse en cuestións como a división sexual do traballo, o amor, a historia do feminismo ou a cultura da violación, nesta edición afondaranse, entre outras, en cuestións relacionadas coa igualdade e as redes sociais ou sobre mulleres influencers e homes gamers.