O Hospital Montecelo dá de alta o último ferido no accidente de Angrois que quedaba nos hospitais pontevedreses

Pontevedra
13 de agosto 2013

A única persoa que permanecía nos hospitais pontevedreses tras ser trasladada dende Santiago cando o 24 de xullo se producía o tráxio accidente de tren foi dada de alta durante esta mañá

Hospital Montecelo PontevedraViva

A última das persoas que se encontraba convalecente no Hospital Montecelo derivada do accidente ferroviario de Angrois foi dada de alta na mañá deste martes 13 de agosto.

Desta forma, os trece feridos que foran trasladados a Pontevedra ao producirse o tráxico accidente foron recibindo a alta durante as últimas semanas. Dez deles encontrábanse no Hospital Montecelo e os tres restantes foran trasladados ao Hospital Domínguez.

Todos eles presentaban politraumatismos e diferentes cortes. Dous dos feridos tiveron que ser intervidos cirurxicamente aínda que, en ningún momento, se temera pola súa vida.