O Hospital Domínguez agarda dar a alta hoxe a un dos tres feridos que se recuperan do accidente

Pontevedra
26 de xullo 2013

Os outros dous feridos no accidente ferroviario continúan ingresados na Unidade de Coidados Intensivos do hospital privado e atópanse estables dentro da gravidade

Hospital Miguel Domínguez Mónica Patxot

Un dos tres accidentados que se atopan no Hospital Domínguez e que sufrira un traumatismo craneoencefálico e torácico-abdominal agarda poder recibir ao longo do día de hoxe a alta médica, unha vez que se coñezan as probas médicas. O home estaba ingresado en planta e evolucionou favorablemente nas últimas horas.

Os outros dous feridos no sinistro ferroviario en Santiago continúan ingresados na Unidade de Coidados Intensivos, segundo informan dende o Hospital Miguel Domínguez. Atópanse estables dentro da gravidade. O primeiro sofreu un traumatismo torácico abdominal, mentres que o segundo padece traumatismo torácico con contusión pulmonar.