O grupo "Vamos a todo" busca novos membros

Pontevedra
06 de xaneiro 2015

"Vamos a todo" é un dos clásicos do Entroido pontevedrés, escribindo algunhas das páxinas máis divertidas da historia local

Grupo "Vamos a todo" Grupo Vamos a todo

O grupo "Vamos a todo" busca novos membros para participar no Entroido. Estes "ilustres juerguistas pontevedreses", como eles mesmos se definen, publicaron no seu perfil en Facebook esta convocatoria aberta, todo un "órdago".

"¿Hay alguien que este año quiera venir con nosotros en carnavales en el desfile?", indican.

O prazo de solicitudes xa está aberto polo que as persoas que estean interesadas na proposta só teñen que mandar unha mensaxe privada a través de Facebook "y lo hablamos".

Así animan os interesados: "puede que este año empieces a vivir una experiencia que jamas olvidarás... ".

Por certo, dende este grupo evitan desvelar o disfrace deste ano, "porque eso es secreto hasta el 14 de febrero día del desfile", ao que seguirán a noite de comparsas, a Mostra da Parodia e o Enterro de Ravachol.

"Vamos a todo" é un dos clásicos do Entroido pontevedrés, escribindo algunhas das páxinas máis divertidas da historia local. Entre outras o seu peculiar musical Bye Bye Teresa, ou a súa carroza coa fachada do Concello, os pi-rratas do Puro Lérez, o servizo de limpeza municipal, os soldadiños verdes, a visita do Papa ou a máis recente Lomboaventura co Ravachol-Khan.

Arquivado en