O Grupo Nogar despide ao que "para nós será sempre o primeiro capitán do Xiada"

Marín
09 de novembro 2022

A través dun comunicado, a compañía trasladou as súas condolencias á familia e aos seres queridos do traballador, profesional da compañía desde hai máis de 30 anos. "Os seus compañeiros e compañeiras estamos consternados pola perda dunha persoa querida e respectada por todos", aseguran

Terminal do Grupo Nogar no porto de Marín Grupo Nogar

A morte de Benito González Dopazo, que non logrou recuperarse das graves queimaduras que sufriu o pasado domingo no incendio de Pontesa, causou un profundo pesar entre os seus compañeiros do Grupo Nogar.

A través dun comunicado, a compañía trasladou as súas condolencias á familia e aos seres queridos do traballador, profesional da compañía desde hai máis de 30 anos, en nome de todas as persoas que forman parte de Galigrain e do Grupo Nogar.

"Os seus compañeiros e compañeiras estamos consternados pola perda dunha persoa querida e respectada por todos", aseguran desde a empresa, que apunta que "custará afacernos" á ausencia do que "para nós será sempre o primeiro capitán do Xiada".

A compañía engade que "honraremos a súa memoria seguindo o seu exemplo de bondade, compromiso e dedicación, que foi exemplar durante décadas".

O comunicado do Grupo Nogar finaliza asegurando que o equipo humano da compañía ao completo "poñémonos ao dispor da súa familia e amigos para facer todo aquilo que estea na nosa man para apoialos".

Arquivado en