O Grove lanza unha oferta de emprego para contratar dezanove traballadores

O Salnés
28 de abril 2020

A Deputación concede ao goberno local unha subvención de 180.000 euros correspondente ao Plan Concellos do 2020 que o Concello empregará para asinar contratos dun mínimo de cinco meses de duración

Casa consistorial do Concello do Grove PontevedraViva

O Concello do Grove procederá á contratación de persoal para a contratación de obras e servizos municipais. A Deputación de Pontevedra acaba de resolver a concesión dunha subvención para a contratacións de desempregados que o goberno local destinará a labores de conservación e mantemento de bens e servizos municipais.

A suma que lle corresponde ao concello do Plan Concellos do goberno provincial para esta partida roza os 180.000 euros, que servirán para dar de alta a 19 persoas que se encargarán de obras e servizos de interese social. 

A oferta de emprego público, con contratos de entre 5 e 6 meses de duración, está integrada por 9 peóns de obra pública, 3 peóns forestais. 2 peóns de xardinería, 1 carpinteiro. 1 condutor de camión, 1 auxiliar administrativo e 2 auxiliares de cultura.

Os procesos de selección realizaranse a través da oficina de emprego de Cambados.