O gran desfile do Entroido de Meis celébrase o sábado 18 de febreiro

O Salnés
30 de xaneiro 2023

Está previsto que nesa xornada as persoas que participen se concentren a partir das 17.00 horas na praza de España, no Campo da Feira do Mosteiro. Premiaranse os mellores disfraces conforme ás diferentes modalidades: individuais, parellas e grupos, que estean formados por seis participantes

Participantes no desfile do Entroido de Meis Concello de Meis - Arquivo

O Concello de Meis anuncia a convocatoria do gran desfile de Entroido, que se celebrará o sábado 18 de febreiro.

A partir das 17.00 horas, as persoas participantes concentraranse na Praza de España, no Campo da Feira do Mosteiro. O desfile desenvolverase pola Rúa Alcalde Jorge Casal, coñecida como Rúa Colexio, para continuar a Avenida de Cambados e despois de subir pola Rúa Rampa da Feira para finalizar o percorrido novamente na Praza de España. Alí realizarase a entrega de premios con animación musical a cargo de Máster Discoteca Móbil.

Premiaranse aos mellores disfraces conforme ás diferentes modalidades: individuais, parellas e grupos, formados por seis participantes.

O xurado realizará unha avaliación dos participantes durante o desfile. Será precisa a inscrición a partir do luns 13 ata o 17 de febreiro, a través da OMIX do Concello de Meis.

Tamén será posible inscribirse na xornada do desfile, en horario de 15.00 a 16.30 horas na Praza de España, no Centro Multiusos. As bases recolleranse na páxina web del Concello de Meis.