O Gordo deixa 4 millóns de euros no Grove tras venderse dez décimos do 72897

O Salnés
22 de decembro 2020

A sorte volveu a sorrir ao Grove. Tras vender parte do terceiro premio o ano pasado, a localidade pontevedresa repetiu premio no sorteo extraordinario de Nadal da Lotería Nacional. Aínda que neste caso, o Gordo: o 72897

Décimo do número 72897, o Gordo do sorteo de Nadal da Lotería Nacional PontevedraViva

A sorte volveu a sorrir ao Grove. Tras vender parte do terceiro premio o ano pasado, a localidade pontevedresa repetiu premio no sorteo extraordinario de Nadal da Lotería Nacional. Aínda que neste caso, o Gordo: o 72897.

Xunto co Grove, este primeiro premio que saíu pouco despois das doce da mañá vendeuse tamén noutros dous municipios da provincia: Vigo e O Porriño.

No caso do Grove, foi a administración de loterías número 2, situada na rúa Luís Seoane, onde se repartiu o Gordo. Despachou unha serie enteira do 72897.

En total, catro millóns de euros a repartir entre os agraciados. Cada posuidor do Gordo recibirá 400.000 euros por décimo.

Esta mesma administración foi precisamente a que o ano pasado repartiu unha parte do terceiro premio neste mesmo sorteo, que recaeu no número 00750.