A nova directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve, guiou este martes ao Goberno provincial nunha visita polo convento de Santa Clara.
Participou o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado por membros do seu equipo de goberno, entre eles o vicepresidente segundo e responsable do Museo de Pontevedra, Rafa Domínguez.
O propio mandatario provincial explicou que esta excursión forma parte dunha serie de visitas institucionais á propiedades da Deputación para coñecer os tesouros e a riqueza arquitectónica que agochan.
Ángeles Tilve mostrou aos visitantes todos os recunchos e contou numerosos segredos deste emblemático inmoble que proxecta restaurar a Deputación.