O goberno provincial mobiliza 4,3 millóns de euros en materia de mocidade, dinamización turística e investimentos nos concellos

Pontevedra
23 de febreiro 2024

O Plan +Provincial contempla esta semana 1,7 millóns de euros en axudas para que dez concellos contraten persoal, afronten o pago de gasto corrente e destinen a investimento.   

Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra mobilizou este venres na Xunta de Goberno un total de 4,3 millóns de euros en materia de mocidade, dinamización turística, infraestruturas deportivas, emprego e investimentos nos concellos.

Segundo informou en rolda de prensa o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López aprobáronse 60.000 euros para que 14 estudantes de Formación Profesional poidan completar os seus estudos no estranxeiro para partir do mes de marzo con prácticas en Portugal, Italia, Malta, Irlanda e a República Checa por un tempo entre tres e seis meses. 

A Deputación tamén se destina 240.000 euros para cubrir unha pista de pádel en Pazos de Borbén (35.000 euros), para a cuberta do pavillón polideportivo de Barro (38.000 euros) e para o céspede artificial do campo de fútbol de Chapela, en Redondela (164.000 euros).

Ademais a Deputación de Pontevedra aprobou destinar 280.000 euros para a contratación de persoal que facilite información e atenda ao público nas oficinas das 32 oficinas da Rede de Turismo Rías Baixas. 

O Plan +Provincial contempla esta semana 1,7 millóns de euros en axudas para que dez concellos contraten persoal, afronten o pago de gasto corrente e destinen a investimento. 

Trátase de actuacións nos concellos de Gondomar, A Guarda, Meis, Mos, Ponte Caldelas, Ponteareas, O Porriño, Redondela, Salvaterra do Miño e Vilanova de Arousa. 

Contrataranse un total de 101 persoas desempregadas en sete concellos e destinaranse 262.000 euros para o pago de gasto corrente e outros 166.000 euros servirán para completar o investimento no campo de fútbol de Redondela.

Por último, o goberno provincial ha aprobado o gasto de 2 millóns de euros para a prestación do servizo de administración electrónica na provincial.

De modo que se aprobará un novo convenio entre a Deputación e as entidades locais da provincia para a prestación do servizo, que se estenderá ata marzo de 2027.

Este convenio inclúe a todos os municipios de menos de 20.000 habitantes e aos de menos de 50.000 adheridos ao anterior convenio. Tamén inclúe a Plataforma Xestiona, formación para o persoal da entidade local e o soporte e mantemento.