O goberno provincial destina axudas do Plan Concellos a Sanxenxo e Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade
19 de outubro 2018

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos investimentos nun total de cinco municipios da provincia no marco da liña 1 do vixente Plan Concellos. Trátase dun total de nove partidas por un total de 1.515.240,29 euros

Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos investimentos nun total de cinco municipios da provincia no marco da liña 1 do vixente Plan Concellos. Trátase dun total de nove partidas por un total de 1.515.240,29 euros.

Un dos concellos receptores é Sanxenxo. O goberno provincial ven de aprobar tres achegas por un valor total de 459.209,81 euros para este municipio.

Máis polo miúdo, 131.766,24 euros financiarán a renovación do firme no Camiño das Salinas (Noalla), Camiño Costiña (Vilalonga) e Fonte de Ons (Noalla); outros 193.390,51 euros para a instalación de colectores de saneamento de augas residuais, tuberías de abastecemento e pozos de bombeo no lugar de Outeiro (Vilalonga), na rúa Ricardo Santos (Sanxenxo), e no lugar de Quintáns (Noalla); e, por último, 134.053,06 euros van financiar a adecuación da edificación e parcela Casa Don Fernando (Portonovo) para darlle o uso de casa de xuventude.

Este ano, a través do Plan Concellos, a Deputación de Pontevedra destina a Sanxenxo 1.972.572,74 euros, o que supón un 76,20% máis que o ano pasado.

Para Cerdedo-Cotobade, o goberno provincial autorizou dous investimentos por un valor de 306.226,16 euros.

Concretamente, 160.575,62 euros financiarán pavimentacións en San Xurxo de Sacos, Viascón, Cutián e Santa María de Sacos; e outros 145.650,54 euros van a ser destinados a pavimentacións, execución de cunetas, canalizacións e melloras de accesos en diversos camiños en As Lagoas (Rebordelo), Carballedo, Valongo, Famelga e Loureiro.

A través do Plan Concellos, Cerdedo Cotobade ten este ano 1.244.234,93 euros a súa disposición, un 73,92% máis que no exercicio anterior.