O goberno local de Sanxenxo critica as "alarmistas" declaracións da oposición pola sentenza de Rocafort

Sanxenxo
09 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

O goberno local do Concello de Sanxenxo emitiu un comunicado co que sae ao paso das "alarmistas" declaracións da oposición pola sentenza de Rocafort. Especialmente molesto móstrase coas manifestacións do portavoz local do BNG, Fran Leiro "que nunca desaproveita a oportunidade de manipular os datos", afirma o equipo de goberno

Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo Mónica Patxot

O goberno local do Concello de Sanxenxo emitiu un comunicado co que sae ao paso das "alarmistas" declaracións da oposición pola sentenza de Rocafort. Especialmente molesto móstrase coas manifestacións do portavoz local do BNG, Fran Leiro "que nunca desaproveita a oportunidade de manipular os datos", afirma o equipo de goberno.

Segundo o executivo do alcalde Telmo Martín o custo da expropiación dos Rocafort nunca chegará aos 15 millóns de euros como di o BNG, "tería que tardar 9 anos en pronunciarse o Supremo", para que sucedese iso. "A credibilidade do BNG é nula debido a que xa prognosticou que a expropiación ía custar 44 millóns de euros e máis tarde 33", engaden.

Tamén puntualizan desde o Concello que a expropiación ascende a 13,2 millóns de euros, intereses incluídos, dos que no últimos catro anos pagáronse 3,7 millóns e agora vaise a abonar 1,3 máis, "polo que a débeda redúcese a 8,2 millóns de euros con intereses".

"Aínda que se tivese que pagar esta cantidade de golpe, a débeda do Concello non superaría o 27,74% dos ingresos ordinarios. Unha porcentaxe de débeda que xa quixesen algúns concellos próximos que están gobernados ou o estiveron ata hai pouco por PSOE e BNG", asegura no seu comunicado o goberno local.

Para o goberno local do Partido Popular resulta "curioso" que en Bloque e o Partido Socialista falen de ruína "quen nos deixou de herdanza unha débeda de 8 millóns de euros (2017) que no últimos seis anos reducimos a 0, á vez que pagabamos 3,7 millóns da expropiación e conseguiamos investimentos valorados en decenas de millóns de euros".

Segundo conclúe o equipo de Telmo Martín, "a obrigación da oposición é criticar ao goberno sobre, pero espérase un mínimo de rigor e axustar as críticas á realidade. E se non é moito pedir, poñerse algunha vez de parte do interese dos veciños e non sempre da familia Rocafort".