O goberno local afirma que esta Feira Franca foi a de maior afluencia de público

Pontevedra
04 de setembro 2016

Para a limpeza a empresa concesionaria montou catro zonas de actuación: Santa María, Ferrería, Teucro e Alameda, coa participación de 52 operarios

Feira Franca 2016 Diego Torrado

A concelleira de Festas, Carme da Silva, considera que a Feira Franca deste ano foi a de maior afluencia de públicoque se lembra nas dezasete edicións que se celebraron da feira do medioevo.

Destacou o feito de que ante tantos visitantes non se produciu ningún incidente destacable e recoñeceu que o tema da música prestábase moito para a Feira e que moita xente, pola súa conta, montaba grupos que contribuían a crear bo ambiente nas rúas onde se celebraba este evento.

A concelleira tamén destacou que os particulares foron mellorando cos anos a decoración das mesas, tras realizar o desembolso máis importante nas primeiras edicións.

Desde as 06.00 horas deste domingo execútanse os traballos de limpeza por parte da empresa concesionaria do servizo en catro zonas de actuación: Santa María, A Ferrería, Teucro e a Alameda. Participan 52 operarios con camións de recollida, varredoras, sopladoras, lavabeirarrúas, furgóns e camións cisterna, ademais da limpeza a pé.

Durante toda a xornada do sábado, un operativo especial retiraba o lixo das papeleiras en toda a zona de festa e da frota de colectores coa que se reforzou a contorna do centro histórico.

AmpArticleViewer.default.tags