O gastroespazo, sede dun 'think tank' sobre innovación e sustentabilidade gastronómica

Pontevedra
23 de novembro 2022

Tres días de reflexión sobre gastronomía e sustentabilidade. É o que ofrecerá o I Foro Think Tank que, impulsado no marco do proxecto Pontevedra Capital Gastro, vai a celebrarse entre os días 26 e 28 de novembro no gastroespazo do mercado de abastos

Yoya Blanco e a divulgadora gastronómica Eva Ballarín presentaron Gastro Lab Concello de Pontevedra

Tres días de reflexión sobre gastronomía e sustentabilidade. É o que ofrecerá o I Foro Think Tank que, impulsado no marco do proxecto Pontevedra Capital Gastro, vai a celebrarse entre os días 26 e 28 de novembro no gastroespazo do mercado de abastos.

As xornadas, nas que haberá conferencias, catas, degustacións e diversos espectáculos, están abertas ao público e incluirán a entrega do premio ao proxecto seleccionado pola aceleradora e incubadora de proxectos gastronómicos GastroLab.

Este foro aspira a converterse nun espazo onde profesionais de diferentes sectores dentro da gastronomía reflexionen sobre aspectos como a sostibilidade e o 'zero waste' (cero residuos), a importancia das bebidas dentro da gastronomía e o emprendemento e os novos modelos de negocio existentes na actualidade dentro do sector.

A concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, explica que o foro traballará cada ano sobre diferentes conceptos, elixíndose para esta primeira edición "un tema que consideramos esencial neste novo escenario pospandémico" como é a gastronomía sustentable.

Tras a súa inauguración, o sábado 26 ás 20:15 horas, o foro abordará o papel protagonista que están a adoptar as bebidas na gastronomía cun faladoiro con Gonzalo Rodríguez (Club del Café), o campión galego de gin tonic Carlos Abilleira, a sumiller Sonia Molero e un representante da produtora de cervexa Palmkids. 

A xornada pecharase arredor das 21:30 horas cun Rebel Wine Time a cargo de Sonia Molero, que se encargará de maridar cos bocados da cociña tradicional de A Fervella.

Para o domingo 27, ás 12:00 horas, está prevista unha mesa redonda sobre gastronomía e sustentabilidade co edil pontevedrés Iván Puentes, o chef Rubén González Vallejo (El Cafetín), a sumiller Sonia Molero ou os emprendedores Javier Carrera e Patricia Fernández.

Ao rematar, ás 13:30 horas, haberá tamén unha sesión vermú cunha cata de viño e bocados de comida caseira de A Fervella.

Na xornada de clausura do luns 28 de novembro celebrarase unha mesa redonda sobre novos modelos de negocio na gastronomía, con Patricia Fernández, Elena Vitoria, un representante de AJE Pontevedra e responsables das empresas Bodega EntreVideiras e a axencia Bluscus. 

A partir da unha será o acto de entrega do premio ao proxecto seleccionado pola incubadora e aceleradora de iniciativas gastronómicas GastroLab.

Optan a el as Rutas 'O Río como Prato' (Ultramarinos), unha iniciativa que ten como eixo central o goce do río como elemento de lecer e cunha finalidade gastronómica; e Spanishbox, un servizo de envío periódico de caixas de subscrición de comida española a domicilio.

O programa pecharase ás 13:15 horas cun Bar Talent Show a cargo de Carlos Abilleira, no que se servirán con bocados de A Fervella.