O Gastroespazo do Mercado de Abastos de Pontevedra acollerá o sábado 15 e o domingo 16 de abril unha nova fin de semana da man do Ganapán na que participarán escolares de entre 4 e 10 anos da cidade.
A iniciativa de lecer infantil contará coas galletas 'linguas de gato' xunto cunhas casiñas colgantes elaboradas con rolos de papel para a primeira xornada, e o biscoito marmolado e unhas tartarugas de madeira e la, para a segunda. As actividades levaranse a cabo entre as 11:30 e as 13:30 horas de ámbolos días da fin de semana.
Todos aqueles que desexen participar deberán inscribirse previamente a través do correo electrónico oganapan@gmail.com indicando na mensaxe as súas posibles alerxias ou intolerancias. Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica, recorda non esquecer a friameira para poder levar os alimentos elaborados polos escolares ás súas casas.