O festival XiraCan convida os amantes dos animais para gozar dun sábado de xogos e aprendizaxe canino

Pontevedra
07 de maio 2022

O festival 'dog-friendly' XiraCan, organizado polo departamento de Deportes e Saúde no contexto do programa A Vida é Movernos, celebrarase durante todo este sábado nos terreos de Tafisa co fin de divulgar os beneficios que ten para a saúde a tenencia de animales de compañía

Inauguración do XiraCan Concello de Pontevedra

O festival 'dog-friendly' XiraCan, organizado polo departamento de Deportes e Saúde no contexto do programa A Vida é Movernos, celebrou este sábado o seu acto inaugural nos terreos de Tafisa co fin de divulgar os beneficios que ten para a saúde a tenencia de animales de compañía.

Presidiu o evento o tenente de alcalde e concelleiro Tino Fernández, que convidou a todos os pontevedreses, con e sen can, a gozar dunhas xornadas cheas de aprendizaxe sobre o mellor amigo do home e vivir un día cheo de música en directo, xantar ao aire libre con food-truck, exhibicións, charlas, obradoiros e desfiles que terán aos cans como protagonistas. 

Deste xeito, entre as actividades deseñadas está incluída unha Zona Kids Gadis con talleres infantís de xogos tradicionais 'co meu can' e elaboración de chapas, xoguetes e colares para cans e gatos, que abrirá as súas portas este sábado ás 16:00 horas, xusto cando se inicie unha 'Exhibición de Obediencia Clase internacional (Oci) e Xogo' a cargo da educadora canina Iria Sánchez.

A continuación, ás 16:30 horas, iniciarase unha charla sobre 'Beneficios para a saúde da tenencia de animais' na que a empresa de educación natural Ada explicará en que consisten as intervencións asistidas con animais a nivel terapéutico e socioeducativo, mentres que arredor das 17:00 horas, esta mesma firma realizará un obradoiro sobre 'Como mellorar o vínculo co teu can'.

A partir das 17:30 horas terán lugar sendos desfiles protagonizados polos cans e cadelas das protectoras Os Palleiros e Ohana, ás 19:00 horas unha charla titulada 'Mellora a túa saúde adestrando co teu can' a cargo da técnica superior deportiva e educadora canina Chus Pérez e ás 19:30 horas unha clase participativa de Dog Fitness aberta ao público.

Todas as persoas asistentes poderán ademais colaborar cun novo mercadillo solidario das protectoras, efectuar consultas sobre alimentación no stand de Lenda Pet Food, que doará 250 kg de alimentos ás protectoras participantes Ohana e Os Palleiros".