O festival Solifest recadará fondos para o Centro Princesa Letizia

O Salnés
13 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

O vindeiro domingo 21 de abril celebrarase o "O Piñeiriño Solifest", trátase dun festival solidario e de entrada completamente gratuíta en beneficio da asociación Amencer-Aspace, que organiza a asociación de veciños Breogán

O festival Solifest recadará fondos para o Centro Princesa Letizia Centro Princesa Letizia

O vindeiro domingo 21 de abril celebrarase o "O Piñeiriño Solifest", trátase dun festival solidario e de entrada completamente gratuíta en beneficio da asociación Amencer-Aspace, que organiza a asociación de veciños Breogán. 

Segundo informaron deste esta asociación, o evento terá lugar na zona peonil do barrio vilagarcián, na rúa Camilo José Cela.

Para promocionar o evento difundiron un vídeo no que os protagonistas son os usuarios con parálise cerebral do Centro Princesa Letizia que animan á cidadanía para participar nesta festa.

No "Solifest" actuarán, ás doce do mediodía, "Rompekalaberas", unha banda formada por estudantes do colexio Viñagrande de Vilanova, ademais de Pedro VI, Dani Barreiro, A Yaya DJ e Kris DJ.

Ademais poderase comprar artigos de artesanía elaborados no centro Princesa Letizia, haberá tapas solidarias que elaborará o chef Rubén García cos produtos doados por Areoso Beach Club (da Illa de Arousa) e habilitarase unha "Fila 0".

O diñeiro que se recade neste evento solidario destinarase á adquisición de sistemas alternativos de comunicación para persoas con parálise cerebral, para poder comunicarse coa vista. Tamén queren comprar unhas barras paralelas para as sesións de fisioterapia, se a recadación é suficiente, aínda que o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, comprometeu o apoio do Concello para conseguir este obxectivo.