O estado de alarma duplica o tratamento de biorresiduos nos composteiros comunitarios de Pontevedra e O Morrazo

Pontevedra
14 de abril 2020

O persoal técnico do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra indica que o repunte de uso por parte da cidadanía chegou a cuatriplicar a cantidade de residuos depositados nalgúns dos centros de compostaxe

Composteiros comunitarios Deputación de Pontevedra

Pontevedra e O Morrazo están a tratar máis do dobre de biorresiduos durante as xornadas desta etapa de estado de alarma en comparación cos meses precedentes. O persoal técnico do Plan Revitaliza que promove a Deputación de Pontevedra sinala que nalgún dos centros de compostaxe comunitaria chegou a cuatriplicarse a cantidade de lixo orgánico que deposita a cidadanía.

César Mosquera, vicepresidente provincial, afirma que o sistema de compostaxe está a funcionar "francamente ben", a pesar da situación actual de confinamento, que provocou que as persoas reciclen máis e mellor.

A subida percíbese en toda a provincia. pero especialmente en Pontevedra e O Morrazo. Segundo o persoal técnico ao permanecer a xente nas vivendas e verse obrigada a facer as comidas no domicilio incrementáronse os restos de alimentos e vexetais. Neste sentido, os residuos deposítanse perfectamente separadas, sen materiais impropios como plásticos, papeis ou latas.

Mosquera lembra á cidadanía que todos os centros de compostaxe comunitaria atópanse abertos e con persoal atendéndoos, pero recoñece que se atopan en servizos mínimos e mantéñense alerta para evitar calquera situación de tensión. En todo caso, sinalou que se está compostando ben, tal e como se expón desde as orixes de Revitaliza.

O vicepresidente da  Deputación tamén apuntou que existen as máximas garantías e que a posibilidade de infección por COVID-19 é practicamente nula e, en calquera caso, moito menor que con outros sistemas. 

Afirma que os centros de compostaxe se desinfectan practicamente a diario e para utilizalos só é necesario seguir as recomendacións hixiénicas habituais como o uso de  guatnes, separación respecto a outras persoas e máxima hixiene.

O compost que resulta deste proceso está hixienizado, xa que o virus non resiste os 42 graos e na elaboración da compostaxe supéranse os 55 graos de forma permanente, chegando mesmo aos 80 graos.