O ERE do BBVA inclúe 26 despedimentos na provincia de Pontevedra

Pontevedra
23 de abril 2021

Apenas 24 horas do ERE anunciado por Caixabank tras a súa fusión con Bankia, outro dos grandes bancos españois desvelou os seus plans para facer o seu propio recorte de persoal. Trátase do BBVA, que despedirá a uns 3.789 empregados en toda España

Oficina do BBVA en Pontevedra Diego Torrado

Apenas 24 horas do ERE anunciado por Caixabank tras a súa fusión con Bankia, outro dos grandes bancos españois desvelou os seus plans para facer o seu propio recorte de persoal. Trátase do BBVA, que despedirá a uns 3.789 empregados en toda España.

Galicia será unha das comunidades menos afectadas por este expediente de regulación de emprego pero, segundo consta na documentación presentada, haberá 111 despedimentos na rede de oficinas galegas.

No caso da provincia de Pontevedra, haberá 26 traballadores afectados. A Coruña acumula máis da metade do total de despedimentos en Galicia, cun total de 66. Dez postos de traballo serán os que se perdan en Ourense e nove na de Lugo.

Ademais, pecharanse 59 sucursais -dun total de 330- entre Galicia, Asturias e Castela e León.

Este plan de axuste concentrarase nos servizos centrais do banco e na súa rede de sucursais. Non afectará o resto de sociedades da entidade, segundo os sindicatos.

BBVA defende a súa decisión nun contexto de "profunda transformación", entre outras cuestións pola adopción "acelerada" das canles dixitais por parte dos clientes, o que segundo aseguran lles obrigan a reducir a súa estrutura de custos para garantir a súa competitividade.