O equipo de Rueda terá unha vicesecretaría única, 11 coordinadores comarcais e 6 coordinadores de área

Pontevedra
12 de marzo 2016

O candidato á presidencia do Partido Popular na provincia, Alfonso Rueda, avanzou este sábado a estrutura que vai ter o Comité Executivo que el encabeza e que vai dirixir o partido a partir do XVII Congreso Provincial que se vai celebrar o domingo, así como o listado completo de nomes que o forman

Reunión de Alfonso Rueda con militantes do PP de Pontevedra Mónica Patxot

O candidato á presidencia do Partido Popular na provincia, Alfonso Rueda, avanzou este sábado a estrutura que vai ter o Comité Executivo que el encabeza e que vai dirixir o partido a partir do XVII Congreso Provincial que se vai celebrar o domingo, así como o listado completo de nomes que o forman.  

Unha vicesecretaría única, 11 coordinadores comarcais, 6 coordinadores de área e 22 vogais. Un total de 45 homes e mulleres, cunha media de idade de 40 anos, que completan o equipo provincial máis reducido dos últimos anos, xa que a anterior executiva que saíu do último Congreso Provincial de 2013 tiña un total de 88 membros.

A única vicesecretaría xeral que terá a executiva estará ocupada por Elena Muñoz, actual voceira do PP de Vigo. Un posto que Rueda quixo reservar para a cidade olívica que, xunto coa capital da provincia terán un papel importante na dirección do Partido Popular de Pontevedra.

Terá un protagonismo destacado a política municipal, ao resaltar a ampla presenza de alcaldes, voceiros e presidentes locais do partido. Haberá un coordinador por cada unha das 11 comarcas da provincia, e serán:

  • Baixo Miño: Cristina Correa Pombal
  • Caldas – Umia: José María Bello Maneiro
  • Condado: Marta Valcárcel Gómez
  • Deza: Luís López Diéguez
  • Morrazo: María Ramallo Vázquez
  • Paradanta: Miguel Domínguez Alfonso
  • Pontevedra: Ángel Moldes Martínez
  • Salnés: Lourdes Ucha Varela
  • Tabeirós: José López Campos
  • Val Miñor: Jesús Vázquez Almuíña
  • Vigo: Javier Bas Corugeira