O Entroido 21 lembrará a evolución histórica de Ravachol a través dunha exposición dixital

Pontevedra
11 de febreiro 2021

Este ano, debido ao importante nivel das restriccións sanitarias, o Concello de Pontevedra tomou a decisión de suspender todas aquelas actividades relacionadas co Entroido na cidade, que estaban programadas para levar a cabo nas rúas. Mesmo as actividades máis pequenas foron canceladas, como as exposicións

Carme da Silva, concelleira de Festas, presenta as actividades dixitais do Entroido 2021 Concello de Pontevedra

Este ano, debido ao importante nivel das restricións sanitarias o Concello de Pontevedra tomou a decisión de suspender todas aquelas actividades relacionadas co Entroidona cidade, que estaban programadas para levarse a cabo nas rúas. Incluso as actividades máis pequenas foron canceladas, como as exposicións. 

Carme da Silva, concelleira de festas, declarou que, co fin de continuar coa tradición do Entroido e entre aquelas persoas convivintes, buscáronse diversas alternativas enfocadas a todas as idades. Así, coa documentación que tiñan preparada para as exposicións previstas, incluirán un apartado na páxina web do Concello para poder seguir achegándose ao Entroido desde a casa

Na páxina, que estará aberta a partir do venres 12 de febreiro desde a web do Concello, poderase ver unha pequena historia de fitos importantes do Entroidopontevedrés. A exposición virtual irá por anos segmentados para facilitar o seu seguimento histórico e progresión no tempo, destacando sobre todo o ano 1984, ano clave na historia do Entroido en Pontevedra, xa que foi nese momento cando o Entroido comezou a vivirse nas rúas. Atoparase nesta exposición historias como a de Ravachol, que apareceu por primeira vez no ano 84 e que agora é un símbolo do Entroido en Pontevedra, fitos tamén do desfile, a noite pirata, así como referencias a outros fitos importantes que ao longo da historia foron incorporándose ás tradicións pontevedresas. 

Ademais, mostrarase unha selección de fotografías lembrando os anos de historia. Dun conxunto de 600 fotografías fíxose unha selección dunhas 250, cedidas polos medios de comunicación.

Do mesmo xeito, contarán con videochamadas de "persoas imprescindibles", tal e como describiu a concelleira. Entre os participantes estarán representantes das comparsas, Ana María Carrea, quen se encargou de presentar o Entroido durante os últimos anos, unha representación das Murgas, o pirata Benito Soto (que ten tanto un vínculo persoal co Entroido pontevedrés como co de Cádiz), entre outros protagonistas. 

Ademais de todo isto, tívose en conta aos nenos e nenas que terán que pasar o Entroido dentro das casas. Co fin de entreter aos máis pequenos, elaboráronse uns descargables infantís. Poderán baixar na mesma páxina distintas máscaras coas que poden disfrazarse ou colorear no seu entorno familiar. 

CONSEGUIUSE LIQUIDAR O CONTRATO DE ILUMINACIÓN DAS FESTAS 

Aínda que de primeiras ían tratar de negociarcoa empresa de iluminación Porgesa, a posibilidade de reducir o coste das luces para o Concello, xa que non se ían colocar, a empresa renunciou a cobrar ningunha cantidade. Tal e como explicou Carme da Silva, “nun momento no que as empresas están a pasar por unha situación tan complicada, este comportamento por parte da empresa, que renuncia ao contrato de forma amistosa, é de agradecer”. Tamén quixo agradecer ó traballo por parte dos servizos municipais que negociaron coa empresa para chegar a este acordo. 

Tratábase concretamente de dous lotes, un deles dirixido ás luces do Nadal (cunha cuantía de 140.000 euros) e de Entroido (entre 18.000 e 19.000 euros), e outro lote dirixido ás festas de verán.