O enterro do Galo Bruxo pecha o entroido máis longo dos últimos anos

Poio
22 de marzo 2015

Samieira acolleu na tarde-noite do sábado o Enterro do Galo Bruxo, último acto oficial dun Entroido de Poio que se prolongou durante máis dun mes

Enterro do Galo Bruxo en Samieira Diego Torrado

Un mes despois do seu inicio o entroido máis longo que se recorda puxo o seu broche final en Samieira co Enterro do Galo Bruxo.

Numerosos veciños participaron nun desfile que partiu da praza de Amalita, en Arén, para finalizar en Río de Bois.

Ademais do loito, varias comparsas e grupos acompañaron os festexos aproveitando o bo clima.

O único problema na celebración foi o intenso vento, que obrigou a realizar a queima do Galo Bruxo no campo de fútbol.

Tras o desfile iniciouse en Samieira la Festa da Filloa.

Arquivado en