O Enterro da Sardiña de Marín, declarado festa de interese turístico de Galicia

Marín
30 de marzo 2023

O Enterro da Sardiña de Marín celébrase anualmente cada mércores de cinza desde o ano 1882. Preséntase como unha festa urbana, participativa e aberta a persoas de todas as idades. Presenta como particularidades adoptar a forma dunha procesión de Semana Santa. O Consello da Xunta aprobou este xoves o recoñecemento

Enterro da Sardiña en Marín Julio Santos

O Enterro da Sardiña de Marín xa é festa de interese turístico de Galicia máis de 40 anos despois de empezar a celebrarse, un recoñecemento que xa recibira o visto e prace do Consello de Turismo e que este xoves tivo tamén o do Consello da Xunta de Galicia

O Enterro da Sardiña de Marín celébrase anualmente cada mércores de cinza desde o ano 1882. Preséntase como unha festa urbana, participativa e aberta a persoas de todas as idades. Presenta como particularidades adoptar a forma dunha procesión de Semana Santa.

O Consello da Xunta aprobou o proxecto de acordo polo que se declaran festas de interese turístico de Galicia esta cita festiva de Marín e tamén a Festa do Entroido de Foz.

Unha vez examinada as solicitude presentada pola asociación Ateneo Santa Cecilia para a Festa do Enterro da Sardiña de Marín, e tras os trámites preceptivos, o Consello de Turismo emitiu un informe favorable, por cumprir os requisitos exixidos.

Para a declaración como festa de interese turístico de Galicia valóranse aspectos como a creatividade e a innovación na celebración dos eventos; o nivel de dotación de infraestruturas e equipamentos para a celebración das festas e a recepción de visitantes; a afluencia de visitantes; a coordinación das entidades públicas e privadas involucradas nas celebracións, ou o adecuado coidado dos contornos urbanos, monumentais ou paisaxísticos onde se desenvolven.