Un total de 687 asistencias sanitarias foron prestadas durante os cinco días da última edición da Festa do Albariño, entre o 31 de xullo e o 4 de agosto pasados. Asistencias que realizaba un operativo asistencial planificado desde o punto de emerxencias instalado na rúa para estas xornadas festivas.
Esta prestación, cuxo resultado foi positivo para a administración sanitaria, comezou a planificarse en abril entre directivos de Sanidade, responsables de Atención Primaria de Cambados, así como responsables do Concello de Cambados.
Do total de emerxencias atendidas, todas "cursaron unha evolución positiva" segundo faise constar desde a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.