O Día máis triste

Pontevedra
25 de xullo 2013

Eran as 20.42 horas do mércores cando un tren Alvia de alta velocidade, que cubría a ruta entre Madrid e Ferrol descarrilaba a tres quilómetros da zona urbana de Santiago, en Angrois. No tren viaxaban 220 pasaxeiros. A cifra de víctimas vai variando e aumentado a medida que avanzan as horas. O último dato oficial informa que faleceron 78 persoas, e 141 resultaron feridas, entre eles 35 adultos e 4 nenos en estado crítico. Aínda son cifras provisionais, advertiron as autoridades.

Estado no que quedou o tren ALVIA tras descarrilar en Santiago de Compostela PontevedraViva

Eran as 20.42 horas do mércores cando un tren Alvia de alta velocidade, que cubría a ruta entre Madrid e Ferrol descarrilaba a tres quilómetros da zona urbana de Santiago, en Angrois.

No tren viaxaban 220 pasaxeiros. A cifra de víctimas vai variando e aumentado a medida que avanzan as horas. O último dato oficial informa que faleceron 78 persoas, e 141 resultaron feridas, entre eles 35 adultos e 4 nenos en estado crítico. Aínda son cifras provisionais, advertiron as autoridades.

Descarrilaron os catro primeiros vagóns cando circulaba pola curva da Grandeira, saíndo despedido un deles.

A investigación sobre as causas do suceso manexa a hipótese do exceso de velocidade.

Ata o Hospital Montecelo de Pontevedra trasladáronse a sete feridos de carácter leve. A Xerencia do Complexo Hospitalario reforzou o servizo de Urxencias.

Igualmente en Pontevedra, ao igual que sucedeu no resto da Comunidade, multitude de cidadáns acudiron a doar sangue ante a chamada do Centro de Transfusión de Galicia.

Aínda que a unidade transfusións do Hospital Provincial estaba pechada, o persoal médico de Urxencias Materno-Infantís apuntou nun listado a todos os voluntarios que se achegaron ata o posto de garda para poñerse en contacto con eles tan pronto sexa preciso.

As familias das víctimas están sendo atendidas dende as 23.00 horas no edificio Cersia de Santiago de Compsotela, en San Lázaro,por un equipo de médicos, psicólogos, voluntarios de Protección Civil e Cruz Vermella. Alí estableceuse o centro de coordinación de información para todo Galicia sobre o accidente, pero de todos os xeitos a información chega a contagotas e a enteireza que amosaban durante as primeiras horas vaise agotando a medida que chega a mañá. 

Ata ali chegaron noticias dende Pontevedra e outros hospitais galegos. "La tía Cris está en Pontevedra, y de la tía Isabel aun no sabemos nada, así que lo único que puedo pedirte es que reces", sentiuse de repente no exterior do edificio. Pasaba a medianoite e unha muller acababa de recibir unha chamada telefónica. No tren ía seu irmá e acababan de decirlle que era un dos feridos. "No sé nada más, vamos para allí", é o único que acertou a dicir á prensa.