O centro de Pontevedra pecharase este sábado ao tráfico para a celebración do tradicional desfile de entroido e para garantir a seguridade de peóns e condutores, a Policía Local xa ten trazado un dispositivo especial de tráfico.
O tránsito de vehículos cortarase nas rúas Xosé Malvar (desde o cruzamento coa rúa A Seca ata a rotonda de Loureiro Crespo), Loureiro Crespo, Benito Corbal, Michelena, Praza de España, Alameda, así como as rúas adxacentes: Cobián Areal, Casimiro Gómez, Lepanto e Xaier Puig. Puntualizan desde a xefatura que a medida que vaia concluíndo o desfile e a limpeza, iranse abrindo as rúas.
Os cortes empezarán a partir das 16.30 horas, excepto en José Malvar que empezará ás 15 horas pola concentración das carrozas; e as rúas Echegaray e Alameda, que se pecharán a partir das 18 horas.
As restricións non se cinguirán soamente á circulación, co obxectivo de garantir a seguridade viaria limitarase tamén o estacionamento en todas as rúas polas que transcorra o desfile. Operarios municipais xa están a colocar valos con carteis informativos nas zonas afectadas.
A Policía Local recomienza a utilización dos aparcamentos disuasorios do Pavillón Municipal, da chaira do Recinto Feiral, a zona de Tafisa, o Peirao de Corbaceiras, Losada Diéguez e Pintor Urbano Lugris.