O cura de Bordóns renuncia á parroquia e pide perdón tras losquear un veciño

Sanxenxo
01 de agosto 2024

O  Arcebispado de Santiago de Compostela fixo público un comunicado no que explica que o párroco "manifesta o seu máis profundo pesar" polo acontecido ese domingo. Segundo o Arcebispado, móstrase "arrepentido" e pide "as máis sinceras desculpas" tanto ás persoas implicadas como ao resto de fregueses.

Igrexa de Bordóns

O sacerdote Ricardo Vidal Vidal, ata o de agora párroco da parroquia de San  Pedro de Bordóns, en Sanxenxo, renunciou. Foi como consecuencia da polémica xurdida nos últimos días por protagonizar un incidente no que losqueou un veciño

O cura, que tamén levaba a parroquia de Dorrón, foi denunciado por ese veciño por uns feitos ocorridos durante a celebración das festas de Bordóns en honra a San Roque e á Virxe do Carmen o pasado domingo, 28 de xullo. 

Tras o incidente, e a polémica xurdida, o Arcebispado de Santiago de Compostela fixo público un comunicado no que explica que o párroco "manifesta o seu máis profundo pesar" polo acontecido ese domingo.

Segundo o Arcebispado, móstrase "arrepentido" e pide "as máis sinceras desculpas" tanto ás persoas implicadas como ao resto de fregueses.

Ricardo #Vidal presentou a renuncia como párroco desta parroquia e esta foi aceptada polo Arcebispado.

Tamén o Arcebispado quixo transmitir que o sucedido "non ha de embazar a vida de entrega e servizo que a Iglesia brinda a toda a sociedade".