O cribado masivo de Caldas de Reis detecta un só positivo de covid-19

Umia
13 de febreiro 2021
Actualizado: 21:02

Caldas de Reis afrontó este venres a cuarta e última xornada de cribado poblacional con test rápidos de antíxenos aos vecinos de entre os 30 e os 64 anos. A participación foi dun 71,5% das 4.069 persoas convocadas durante os catro días, sendo unha delas positiva

Cribado en Caldas de Reis Sergas

Caldas de Reis afrontou este venres a cuarta e última xornada de cribado poblacional con test rápidos de antíxenos aos vecinos de entre os 30 e os 64 anos.

O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, trasladou os datos facilitados polo xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Ramón Gómez, e anunciou que a participación foi dun 71,5% das 4.069 persoas convocadas durante os catro días, sendo unha delas positiva.

Sanidade convocou, gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación caldense dentre 30 a 64 anos de idade. Finalmente, achegáronse a efectuar o cribado un total de 2.910 cidadáns, cifra que representa esa porcentaxe do 71,5 por cento da convocatoria voluntaria.

Aínda que os resultados foron valorados "moi positivamente" polo Sergas e polo Concello, o alcalde fai un chamamento para manter a máxima prudencia e seguir limitando as relacións sociais, cumprindo as normas das autoridades sanitarias para conseguir reducir ao mínimo a propagación do virus.

Finalmente, quiso agradecer públicamente o traballo do persoal do Sergas e a colaboración do vecindario e destaca a importancia da Policía Local, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Caldas de Reis e e do persoal do servizo municipal de obras que facilitaron a organización, a accesibilidade e o acondicionamento do local en moi pouco tempo.

Este cribado voluntario tivo lugar nas dependencias da Escola Obradoiro de Caldas de Reis durante as tardes dos martes 9 de febreiro ata o venres 12 de febreiro de 2021. No mesmo participaron catro equipos de enfermaría en cada quenda, que efectuaron tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, realización e procesado das tomas de mostras e información aos usuarios.