O Consulado itinerante de Colombia chega á Boa Vila para facilitar trámites aos seus concidadáns

Pontevedra
14 de marzo 2023

Os cidadáns que se achegaron ata este autobús, estacionado na Praza de España, acudiron para recoller cédulas, tarxetas de identidade ou pasaportes tramitados previamente neste Consulado

Consulado itinerante de Colombia PontevedraViva

O Consulado Xeral Central de Colombia en Madrid, a través da Unidade Móbil 'Colombia más cerca de ti', desembarcou este martes 14 de marzo na cidade de Pontevedra.

A atención consular na Unidade Móbil realizouse mediante cita previa.

Os cidadáns que se achegaron ata este autobús, estacionado na Praza de España, acudiron para recoller cédulas, tarxetas de identidade ou pasaportes tramitados previamente neste Consulado.

Este autobús totalmente equipado tecnoloxicamente, conta con cinco postos de traballo. A súa seguinte parada será na Coruña onde estará o mércores e o xoves.