O conselleiro de Sanidade destaca no Virxe Peregrina a importancia da fisioterapia para moitas doenzas

Pontevedra
10 de febreiro 2023

Realizaba esta visita subliñando a ampliación de horario que se fixo neste servizo no centro sanitario pontevedrés e indicando a creación de novas unidades noutras localidades del área como Vilanova ou Caldas. García Comesaña afirma que se estabilizará a 84 fisioterapeutas coas convocatorias previstas este ano en Galicia

Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade, visita a unidade de Fisioterapia do centro de saúde Virxe Peregrina Mónica Patxot

Julio García Comesaña, máximo responsable da sanidade en Galicia, percorría acompañado polo delegado da Xunta, Luís López, e polo xerente da área, José Flores, a unidade de Fisioterapia que se atopa no centro de saúde Virxe Peregrina de Pontevedra. 

Neste espazo subliñaba a importancia da fisioterapia como complemento para o tratamento de numerosas doenzas, tanto mellorando a súa curación como axudando na calidade de vida do paciente.

Segundo expuxo, a Consellería de Sanidade está a facer un esforzo para fomentar estes servizos e puxo como exemplo a implantación da quenda de tarde no centro Virxe Peregrina ou a creación de unidades de fisioterapia noutras localidades da área como Caldas ou Vilanova de Arousa.

García Comesaña explicou que nos últimos anos creáronse máis de cincuenta prazas para reforzar a presenza desta categoría profesional nos centros de saúde de Galicia. Lembrou que a principios deste ano convocáronse un total de 84 prazas fixas para estabilizar aos fisioterapuetas.

Con esta decisión entende que se evita derivacións innecesarias desde Atención Primaria aos hospitais. Tamén explicou que agora os pacientes teñen acceso, dentro dos parámetros que recolle o do Sergas para acudir a unha consulta co fisioterapeuta sen a intermediación doutro profesional médico.

Avanzou que se pon en marcha un proxecto piloto no centro de saúde Virxe Peregrina implantando a interconsulta entre medicina de familia e fisioterapia, permitindo dixitalizar o seguimento compartido do paciente entre o médico de familia e o fisioterapeuta.

Destacaba tamén durante a visita que este centro traballa cun Plan local de saúde ofrecendo numerosas accións formativas aos profesionais que fomentan a prevención e mellora da saúde da poboación. Este labor obtivo un premio por parte da Consellería de Sanidade no que se recoñecía o uso de boas prácticas clínicas.