O confinamento non é escusa, os aniversarios seguen a celebrarse no colexio de Ponte Sampaio

Pontevedra
20 de marzo 2020

Os alumnos do centro pontevedrés celebraron o aniversario da súa compañeira Athenea gravando cada un un vídeo de felicitación que os profesores uniron e fixeron chegar á protagonista

Captura do vídeo realizada por alumnos do CEIP Ponte Sampaio para felicitar a distancia á súa compañeira Athenea PontevedraViva

Athenea é unha alumna do CEIP de Ponte Sampaio que este venres, 20 de marzo, está de aniversario. A tal hora estaría pasándoo en grande cos seus amigos, abrindo os agasallos e tomando un anaco de torta cos seus seres máis queridos, pero a corentena impídello. Con todo, os seus compañeiros de clase mobilizáronse para evitar que Athenea quedase sen festa de aniversario e, desde as súas casas con axuda dun teléfono móbil, fixéronlle un agasallo que nunca vai esquecer.

Cada alumno gravou un vídeo para felicitala. Uns dedicáronlle un debuxo, outros sopraron as velas, algúns tamén lle deron as felicidades xogando. Ninguén quixo esquecerse da súa amiga nesta data tan especial. Tampouco a súa mestra Marián, que tamén se gravou para enviarlle unha mensaxe mostrándolle canto a quere. O profesorado do centro, uniu todos os cortes nun arquivo, colgouno na rede e fíxollo chegar á protagonista.

E aínda por riba detalle, o agasallo chega acompañado dunha promesa. "Á volta celebrámolo, un bico de parte de todos vos teus compis e a túa mestra Marián", é a mensaxe co que finaliza a peza que está colgada na páxina web dun centro educativo no que nin a corentena non poderá romper os lazos que une a toda a comunidade.

Mira nesta ligazón o vídeo completo da felicitación