Un grupo de operarios están a realizar unhas obras de pavimentación na rúa Daniel de la Sota no cruzamento entre Benito Corbal e Michelena nas proximidades da Praza de Ourense con el obxectivo de que se produza unha continuidade do tramo peonil.
Segundo explicou o concelleiro de Patrimonio, Luis Bará, as obras consisten na creación dun novo pavimento nese tramo de cor area e textura diferente que alerte tanto os condutores coma os peóns das condicións especiais dese tramo nel que poden circular os vehículos pero con prioridade para os viandantes. Os operarios xa borraron os pasos de peóns que aínda permanecían na zona.
OUTRAS OBRAS
O concelleiro anunciou que se inician tamén as obras de arranxo do estacionamento de Pasarón no que se acumulaba a auga os días de chuvia. Coa nova obra se va a realizar unha drenaxe para substituír o chan de xabre por outro de zahorra. Bará sinalou que agarda que durante ao final da próxima semana estean finalizados estes traballos.
Van acometerse tamén obras de asfaltado na zona sur en Bibiano Fernández Osorio, Fernando II, Alfonso IX, Pintor Rafael Alonso e Rúa das Abelleiras. En todas elas se realizará unha mellora de pavimento. Segundo o concelleiro "os efectos deste inverno foron moi duros e teremos que seguir facendo un esforzo de reparación de moitos viais e estamos a comezar por esta zona".