O Concello de Pontevedra recuperará a fisionomía orixinal do cruceiro da igrexa de Mourente. O concelleiro de Urbanismo e Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda, acordou cos veciños da parroquia xestionar ante a dirección xeral de patrimonio a execución deste proxecto.
A pedimento dos veciños, o Concello propoñerá ao organismo autonómico que permita recuperar os tres gradues que compoñían a base do cruceiro. Na actualidade, o primeiro dos banzos permanece enterrado pola capa de asfalto do exterior da igrexa. Na mesma reunión, Moreda tamén acordou solciitar da dirección xeral de Patrimonio o permiso para un pequeno desprazamento deste ben cultural pero manténdoo dentro da mesma área. Unha actuación que sería posible unha vez desentarrada toda a base do cruceiro.
O cruceiro foi derrubado por un vehículo e a intención do Concello é que a empresa aseguradora se encárgue da recolocación do mesmo sobre a base orixinal e no novo emprazamento.