O Concello revisará toda a sinalización vertical para retirar sinais obsoletos ou redundantes

Pontevedra
29 de xaneiro 2019

Pontevedra ten preto de 4.000 elementos de sinalización vertical colocados nas vías de titularidade municipal por todo o seu territorio. Algúns deles son, segundo as análises preliminares, redundantes ou están obsoletos polos cambios da cidade. De aí que o goberno municipal decidira facer un inventario e revisalos na súa totalidade

Sinal de tráfico PontevedraViva

Pontevedra ten preto de 4.000 elementos de sinalización vertical colocados nas vías de titularidade municipal por todo o seu territorio. Algúns deles son, segundo as análises preliminares, redundantes ou están obsoletos polos cambios da cidade. De aí que o goberno municipal decidira facer un inventario e revisalos na súa totalidade.

O obxectivo é coñecer o estado destes sinais, xeolocalizalos para un mellor control e decidir se é necesario amplialos ou, incluso, reducilos.

Este traballo realizarase a través da empresa adxudicataria do servizo de mantemento da sinalización horizontal e vertical da cidade, API Mobilidade S.L.

Así, se eliminarán as redundancias e se retirarán todos os sinais que estean obsoletos e en mal estado, colocando os novos que sexan necesarios.

A inspección de todas as vías municipais busca reforzar a sinalización dos pasos de peóns, tanto con sinalización horizontal como con vertical; e estudar a sinalización direccional tanto de saída da cidade como de entrada, que está dirixida por uns 300 sinais.

A intención é crear rutas direccionais para eliminar o tráfico de paso que atravesa a cidade e dirixir estes coches cara os estacionamentos disuasorios ou de pago.

Ademais, en canto o tempo o permita, retomarase o plan de pintados das vías urbanas. Actualmente, quedan pendentes de pintar un 30% das vías municipais, que se pretenden rematar este ano. Terán un trato especial os pasos de peóns e farase unha actuación integral en barrios como o Burgo, Monte Porreiro, Pontemuíños e Valdecorvos.