O Concello reforza o persoal de atención presencial á cidadanía e outros servizos municipais

Pontevedra
11 de agosto 2020

O obxectivo é mellorar e axilizar a atención ao público e reforzar áreas e servizos nos que foi preciso cubrir baixas, dar resposta á acumulación de tarefas ou implementar programas temporais especiais. Ata agora, xa se cubriron ou están en trámite 18 prazas e o Concello está avanzando en seis procesos selectivos que suporán incorporar outras 22  

Obras de rehabilitación da planta baixa de Michelena 30 Mónica Patxot

A reapertura da atención presencial á cidadanía tras o remate do estado de alarma veu aparellada, no Concello de Pontevedra, cunha serie de reforzos do persoal municipal para dar resposta á nova situación xurdida tras a aparición da pandemia.

O obxectivo é mellorar e axilizar a atención ao público e tamén reforzar aquelas áreas e servizos nos que foi preciso cubrir baixas, dar resposta á acumulación de tarefas ou implementar programas temporais especiais.

Ata agora, xa se cubriron ou están en trámite 18 prazas, segundo deu a coñecer este martes o Concello de Pontevedra a través dun comunicado.

Ademais, o Concello está avanzando en seis procesos selectivos que suporán incorporar outros 22 traballadores. Os máis avanzados comezarán as probas selectivas neste mes de agosto e en setembro.

En concreto, incorporáronse por acumulación de tarefas e exceso de traballo as seguintes prazas: dúas para o Servizo de Benestar, unha de auxiliar para o Servizo de Secretaría e Asuntos Xerais para o reforzo de Rexistro na apertura pos-Covid-19, unha de subalterno para o Servizo de Promoción Económica para a segunda planta do mercado municipal e outra de subalterno para o Servizo de Secretaría e Asuntos Xerais para a unidade de cita previa en Conserxería. 

Tamén se procedeu á cobertura interina de prazas de un administrativo para o Servizo de Disciplina Urbanística, un auxiliar para a Sección de Servizos Compartidos no Padrón de Habitantes, un operario no Servizo de Deportes e tres operarios na Brigada de Obras. 

Asimismo, procedeuse a nomear interinos para a execución de programas temporais a razón de un traballador social para o programa temporal de inclusión no Servizo de Benestar Social e uninformático, para implementación de teletraballo e outras melloras no Servizo de Informática. 

En trámite hai un nomeamentos de un auxiliar administrativo para cubrir unha praza vacante na Sección de Servizos Compartidos, unha arquitecta técnica para o ARI, a prórroga de nomeamento interino de unha administrativa para substituír unha baixa no CIM e a prórroga de contrato de interinidade dunha traballadora social pra substituír unha baixa na OTBS.

Tamén se cubrirá en comisión de servizos unha baixa de auxiliar administrativo en Disciplina Urbanística e o resto das prazas están en distintos momentos de tramitación.