O Concello quere saber que residuos xera o comercio e a hostalería

Pontevedra
24 de xullo 2024

Pontevedra non dispón de información detallada sobre a xeración residuos para aclarar determinados aspectos, tanto negativos como positivos, por exemplo trátase de saber se os restaurantes mandan os seus residuos para reciclar ou cuantos alimentos doan os supermercados para comedores ou entidades sociais

Traballos nos composteiros do Plan Revitaliza Mónica Patxot

O Concello de Pontevedra quere solicitar información sobre os residuos que se están xerando no comercio e a hostalería do municipio e para iso contratará unha asistencia técnica para solicitar datos dos establecementos que permitan optimizar a xestión de residuos.

Segundo informou o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, esta iniciativa forma parte da tramitación da futura ordenanza de residuos que afronta xa o final do proceso de tramitación.

A día de hoxe, segundo explicou Mosquera, Pontevedra non dispón de información detallada sobre a xeración residuos para aclarar determinados aspectos, tanto negativos como positivos, por exemplo trátase de saber se os restaurantes mandan os seus residuos para reciclar ou cuantos alimentos doan os supermercados para comedores ou entidades sociais. 

A asistencia técnica que contrate o Concello terá como cometido ir polos establecementos para informar sobre a nova ordenanza e ao tempo recoller datos do que producen.