O Concello quere escoitar a opinión dos nenos sobre o funcionamento dos Camiños escolares

Pontevedra
21 de marzo 2014

O Concello e os representantes dos centros de ensino e das Anpas que participan no proxecto municipal Camiños escolares, participaron este xoves nunha reunión no Pazo da Cultura que é a primeira toma de contacto para a posta en marcha do Consello de participación dos nenos nos Camiños escolares

Camiños Escolares Mónica Patxot

O Concello e os representantes dos centros de ensino e das Anpas que participan no proxecto municipal Camiños escolares, participaron este xoves nunha reunión no Pazo da Cultura que é a primeira toma de contacto para a posta en marcha do Consello de participación dos nenos nos Camiños escolares.

A concelleira de Protección Cidadá, Carme da Silva que participou na reunión xunto ao intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle, explicou que se vai pór en marcha nos centros de ensino un proceso para coñecer o que opinan os nenos, para que elixan os seus representantes por centro e constituír o Consello de participación que recollerá a opinión de todos os nenos, vaian ou non andando ao centro.

A concelleira comprometeuse a que o Concello participará activamente recibindo as propostas e suxestións dos rapaces; efectivizar aquelas que sexa posible ou, cando menos, dar resposta a todas e cada unha das propostas dos nenos "como contrapartida o mínimo que podemos facer é contestar".

O 66% dos 2.000 alumnos, van andando ao colexio, e máis de 400 van andando sos

Pola súa banda, o intendente principal, Daniel Macenlle amosouse seguro de que "os nenos van facer achegas moi interesantes e que nos permitirán ir mellorando e completando o proxecto que contribúe a formación e madurez dos mozos". E destacou o esforzo suplementario dos docentes que participan neste proxecto.

Daniel Macenlle lembrou que, pendentes de facer unha avaliación definitiva cando remate o curso escolar, nunha primeira avaliación do proxecto desvélase que o 66% dos 2.000 alumnos, van andando ao colexio, e máis de 400 van andando sos.

En principio, decidiuse que será a finais de maio ou primeiros de xuño para ter este primeiro contacto cos rapaces. E de cara ao vindeiro curso, facelo de xeito máis sistemático e estruturado.

Arquivado en