O Concello licitará nun único concurso a execución de oito obras no rural por preto dun millón de euros

Pontevedra
06 de maio 2024

A edil de Rural, María Xosé Abilleira, explicou que durante os últimos meses estivo mantendo reunións coas asociacións de todas as parroquias e tamén con veciños a título particular para consensuar as obras a executar en cada unha das parroquias. Algunhas destas actuacións tamén foron aprobadas por unanimidade no pleno do Concello

Obras de saneamento no rural de Pontevedra Concello de Pontevedra

A edil de Rural, María Xosé Abilleira, deu conta este luns dunha serie de obras por un millón de euros, aproximadamente. A idea que baralla a concelleira é que saian todas as obras xuntas nunha única licitación "para facilitar os trámites para hora de levalas a cabo" coa intención de que "ao longo do 2025 estén rematadas".

María Xosé Abilleira explicou que durante os últimos meses estivo mantendo reunións coas asociacións de todas as parroquias e tamén con veciños a título particular para consensuar as obras a executar en cada unha das parroquias. Algunhas destas actuacións tamén foron aprobadas por unanimidade no pleno do Concello. 

Entre estas actuación está o proxecto de mellora e reurbanización da Rúa San Cristobo, en Lourizán. Inclúe a renovación dos servizos urbanos "que nestes momentos se atopan obsoletos", así como a recollida de escorrentías e pluviais, "hoxe en día inexistente", así como a reserva de canalización para o soterramento de parte do cableado aéreo de servicios. 

A seguinte actuación é na Rúa das Pereiras, na parte rural do barrio da Parda. As obras a realizar comprenden a pavimentación da rúa nunha longxitude de 495 metros, prevese o recrecido do pavimento cunha capa de mixtura bituminosa en quente, ademais de traballos previos de limpeza e roza.

Nesta obra van incluídos tamén a preparación de sobreanchos e o asfaltado dos mesmos. E por último se completará coa instalación de lombos reductores de velocidad, a adaptación de rexistros a nova rasante, e a sinalización horizontal e vertical necesaria. 

A concelleira de Rural tamén deu conta do proxecto de reasfaltado do barrio de Casaldorado, na zona comprendida entre a estrada que comunica o lugar do Ramallás na entrada do barrio coa N-550. 

A cuarta obra anunciada tamén está na parroquia de Lérez, e sería a canalización de pluviais no lugar do Outeiro. Este é un camiño que enlaza coa estrada autonómica que vai a Campo Lameiro e nunha zona presenta unha vaguada importante onde se acumulan aguas de escorrentía xerando un problema de asolagamento bastante importante. 

Tamén está previsto o asfaltado e ampliación da pista da Ermida, que comunica a estrada nacional N-550, á altura do Restaurante o Rancho na paroquia de Cerpónzóns, e que vai a dar o lugar de Reiriz, en Alba.

"Esta obra xa estaba para comenzar o ano pasado, pero unha vez reunida cos veciños da zona me plantexaron a posibilidade de poder ampliar o ancho da mesma nunha pequena zona", por lo que o goberno local decidiu reformar o proxecto para recoller as necesidades dos veciños, segundo explicou a concelleira. 

Outras actuacións anunciadas por María José Abilleira, son o asfaltado da pista interior no lugar da Chan, en Pilarteiros, Santo André de Xeve; a reposición da ponte peonil nos Fontáns; e, por último, o acondicionamento dunha parte do campo da festa de Marcón.

"Os veciños e as veciñas son as persoas que mellor coñecen as súas parroquias, son elas as que fan un seguimento constante e permanente das mesmas. Recoñezo que non podo estar máis satisfeita pola comunicación lograda estes últimos meses", sinalou a concelleira.