O Concello do Grove presenta o programa do Entroido 2018

O Salnés
23 de xaneiro 2018

Na rolda de prensa celebrada este martes incidiuse na importancia social e económica que ten acadado unha das Festas máis tradicionais e importantes do Grove

Presentación do programa do Entroido no Grove Concello do Grove

O Concello do Grove presentou este martes a programación dos dez días que durará o Entroido na vila.

As celebracións comezarán co xoves de comadres e compadres, o 8 de febreiro, e rematará co Entroido en San Vicente (18 de febreiro) ademais do xa tradicional concurso de disfraces para mascotas.

As citas obrigadas están no Festival de Comparsas (sábado 10, 21.00 horas) e no desfile do martes 13 no Sambódromo Meco, a partir das 17.00 horas. O programa caracterízase por unha ampla oferta de actividades para os máis pequenos, ademais da novidade da Festa de San Valentín do Entroido, o mércores 14 desde as 20.00 horas.

O Concello do Grove destina aproximadamente 30.000 euros de orzamento á celebración do Entroido dos que case 9.000 euros van destinados aos premios tanto das comparsas como do festival de disfraces.

Dende o goberno local destacouse o total apoio a esta celebración que se ten posicionado como unha das mellores de Galicia ao tempo que permite a dinamización do pobo durante o mes de febreiro.

Arquivado en