O Concello do Grove concede ás Centolas de Ouro 2018

O Salnés
28 de setembro 2018

Cristina García, Joaquín Ángel Triñanes Fernández, o Hotel Bosquemar e a Asociación de Amigos da Dorna Meca son os galardonados este ano

Concello do Grove PontevedraViva

Logo da reunión mantida esta semana polo Consello Local de Turismo e unha vez analizadas as propostas, o Concello do Grove comunicou este venres aos premiados a concesión do galardón.

Seguindo a dinámica habitual son dous premios individuais e dous colectivos que recoñecen a traxectoria vital e profesional daqueles que contribúen ao desenvolvemento social do Grove e, especialmente, no relativo ao sector turístico, pero tamén a mellorar a realidade e contorna do municipio.

No ano 2018 foron designados cos premios Centolas de Ouro: Cristina García, Joaquín Ángel Triñanes Fernández, o Hotel Bosquemar e a Asociación de Amigos da Dorna Meca.

A Centola de Ouro recoñece en todos eles unha traxectoria de traballo e un especial compromiso coa promoción e divulgación do Grove e as súas potencialidades turísticas.