O Concello de Ponte Caldelas transferiu o 72% das axudas directas a pemes e autónomos locais

Ponte Caldelas
08 de maio 2020

A administración local recibiu 125 solicitudes de recepción de axudas dotadas con 400 e 200 euros

Patrulla da Brilat en Ponte Caldelas BRILAT OC

O Concello de Ponte Caldelas fixo efectivas o 72% das axudas directas dirixidas a autónomos, así como pequenas e medianas empresas do municipio e co obxectivo de facer fronte aos gastos fixos mensuais. Estas transferencias bancarias realizáronse a 90 das persoas solicitantes, dun total de 125 recibidas.

Ditas axudas están dotadas de 400 ou de 200 euros. Das que xa se formalizaron, o 62% estaban dotadas coa primeira cantidade, isto son 56 solicitudes; e os 34 restantes dotadas con 200 euros. As axudas que quedan pendentes iranse facendo chegar a medida que se completen os expedientes, segundo infórmase desde a administración local.

As achegas económicas pretenden axudar a negocios que tiveron que pechar o pasado 17 de marzo, e que son as de maior contía; así como aos que reduciron a súa actividade desde mediados de marzo consecuencia da pandemia. Axudas que "son unha inxección directa para os autónomos e pemes de Ponte Caldelas, que axuda cando máis se precisa para que poidan facer fronte aos gastos fixos e reabrir sen sentirse axfisiados", sinala o Concello.