A Xunta de Goberno Local celebrada este venres otorgou por un importe de 374.361,63 euros a adxudicación do proxecto de humanización previsto para a Rúa Camiño Vello de Seixo.
A actuación afectará ao tramo comprendido entre a rúa Doctor Otero Ulloa (estrada PO- 551) e o cruce coa Estrada O Grupo Escolar de Seixo, de tal maneira que esta mellora suporá unha continuidade da actuación que xa realizaron desde este cruce até a estrada provincial EP-1202.
As razóns para acometer esta obra, segundo informa o Goberno Local son, por unha banda, que o actual deseño da rúa provoca conflitos cando dous vehículos se cruzan e hai outros estacionados, xa que a amplitude do viario non permite o paso simultáneo de ambos coches.
Nas beirarrúas ocurre algo similar xa que contan cunha anchura actual, de entre 1.60 e 1.68 metros e non é dabondo para a comodidade dos peóns. Ademais, o deterioro do pavimento supón un perigo polas posibles caídas e tropezos, polo que consideran "inminente" a súa reparación.
Por outra banda, informan de que os servizos de abastecemento atópanse en "moi mal estado de conservación", xerando incluso problemas á veciñanza polas roturas e avarías que se xeran consecuencia desta situación.
Así, con esta actuación pretenden corrixir estas medidas, aumentando as beirrarúas ata uns 2.50 metros (dependendo nalgúns puntos das fachadas dos edificios anexos). No que respecta á calzada, deixarán un carril de 3.50 metros de amplitude, de único sentido desde a Rúa Doutor Ulloa ata o Mercado.
Por último, para o estacionamento, deixaron á beira de toda a marxe dereita do viario un espazo de máis de 2 metros. Asemade, eliminarán a illa existente no inicio do tramo, fronte á Igrexa Evanxélica, para poder ampliar nese punto tamén as beirarrúas, incorporando un paso de peóns.
O proxecto terá un prazo de execución de catro meses, a contar desde o momento que se adxudiquen os traballos, que serán executados pola empresa COVSA.