O Concello de Cuntis e a Asociación AGADEA colaborarán en proxectos conxuntos

Umia
20 de outubro 2021

O alcalde Manuel Campos recalcou a "forte aposta que o grupo de goberno está a facer na área de Servizos Sociais na busca dunha mellora na calidade de vida da cidadanía"

Reunión con representantes de AGADEA no Concello de Cuntis Concello de Cuntis

O alcalde de Cuntis Manuel Campos e a concelleira Ana Loureiro xunto coa técnica de Servizos Sociais Susana Gómez reuníronse este mércores con representantes da Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (AGADEA) para tratar de buscar diferentes fórmulas para colaborar en proxectos conxuntos.

Ana Loureiro insistiu na importancia de este tipo de colaboracións posto que "non só se mellora a calidade de vida do doente se non tamén a do coidador e a propia familia".

O alcalde Manuel Campos recalcou a "forte aposta que o grupo de goberno está a facer na área de Servizos Sociais na busca dunha mellora na calidade de vida da cidadanía".

O alzhéimer é unha enfermidade dexenerativa de carácter progresivo que afecta ás neuronas, causando a morte gradual das mesmas. Provoca demencia, o que implica unha diminución da capacidade para desenvolver as actividades da vida diaria.