O Concello compra 100 camisetas co nome de Paula Dapena para regalar a escolares

Pontevedra
26 de febreiro 2021

O equipo de Paula Dapena, a futbolista máis mediática dos últimos meses, segue vendendo camisetas. Os últimos en sumarse a esta solicitude foron o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira responsable de Persoal e de Cultura, Carmen Fouces, aos que a número 6 do Viaxes InterRías fixo entrega de cen camisetas para regalar aos escolares que visiten o consistorio o longo do ano

Paula Dapena, Miguel Anxo Fernández Lores e Carmen Fouces Mónica Patxot

O equipo de Paula Dapena, a futbolista máis mediática dos últimos meses, segue vendendo camisetas.

A imaxe da futbolista do InterRías sentada de costas no chan o pasado mes de novembro como protesta á homenaxe que se ía a tributar a Diego Maradona cun minuto de silencio deu a volta ao mundo o pasado mes de novembro e, desde ese momento, o club comezou a recibir solicitudes para conseguir unha camiseta oficial do equipo co dorsal e o nome de Dapena.

Naquel momento, o club esgotou o medio centenar de camisetas que tiñan en stock facendo envíos a Arxentina, Sevilla, Madrid, Barcelona e diferentes puntos de Galicia. Agora, unha vez feito o novo pedido, xa volveron á carga coa repartición. 

Os últimos en sumarse a esta solicitude foron o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira responsable de Persoal e de Cultura, Carmen Fouces, aos que a número 6 do Viaxes InterRías fixo entrega de cen camisetas que o Concello entregará aos escolares que visiten o consistorio o longo do ano.