O comercio da Oliva volve saír a pé de rúa

Pontevedra
22 de abril 2018

O proxecto 'Pontevedra, Capital Shopping' volveu este sábado á rúa Oliva a través dunha nova edición do programa 'A pé de Rúa', as actividades promocionais que buscan promocionar e dinamizar o comercio local da cidade do Lérez 

Actividades de 'A pé de rúa' na rúa Oliva Diego Torrado

O proxecto 'Pontevedra, Capital Shopping' volveu este sábado á rúa Oliva a través dunha nova edición do programa 'A pé de Rúa', as actividades promocionais que buscan promocionar e dinamizar o comercio local da cidade do Lérez.

Os comercios da rúa Oliva e as súas galerías sumáronse á iniciativa con promocións especiais e proxectando os seus escaparates e produtos máis aló das portas dos seus negocios, en plena rúa. 

A medida encheu de vida e de clientes a rúa e viuse reforzada por actividades promocionais desta iniciativa municipal promovida pola edil de Promoción Económica, Anabel Gulías, entre as que destacaron obradoiros e concertos.

'A Pé de Rúa' ten programados xa novos destinos. O 12 de maio presentarase unha nova edición de 'Rizando o Rizo' e o 26 dese mes haberá un 'A Pé de Rúa' na rúa Castelao. Xa no 9 de xuño está prevista unha actividade na contorna do Hospital Provincial, o 8 de setembro na rúa Rosalía de Castro e o 22 dese mes en Cruz Gallástegui.