Dada a situación de alerta sanitaria motivada polo coronavirus, o Concello de Pontevedra procedeu este venres ao reparto de alimentos e material de abrigo (roupa interior) para as persoas usuarias das asociación da Redeaxuda: comedor de San Francisco, Cáritas, Albergue Calor e Café e Rexurdir.
Debido á dificultade para continuar prestando o servizo de comedor social de San Francisco nas condicións habituais, a Concellería de Benestar Social tivo que artellar un novo sistema que, cumprindo coas recomendacións das autoridades sanitarias, garante que os beneficiarios deste servizo teñan cubertas as súas necesidades básicas.
Deste xeito, grazas á colaboración dos voluntarios de Protección Civil, levarase a cabo un reparto de comida os lunes, mércores e venres, en horario de 13:00 a 13:30 horas, co que se dará cobertura ás necesidades de alimentación para toda a semana. Protección Civil axudará na elaboración e reparto directo dos menús.
Por razóns sanitarias, o Servizo Municipal de Benestar Social estableceu unha serie de normas de uso do comedor social coma que só pode acudir unha persoa por familia. Tampouco pode haber nenos. Todas as persoas usuarias deben gardar unha distancia de seguridade dun metro.
Ademáis, só se pode acudir no horario que se indicou para cada persoa. O horario de reparto será de 13:00 a 13:30 horas e só se repartirá comida os luns, mércores e venres.
Dende o Comedor rogan que os usuarios porten 'tuppers' para levar a comida.
Asemade, no caso de que sexa necesario, a Concellería de Benestar Social tamén axudará economicamente na adquisición de 'tuppers' e alimentos.