O comité de seguimento do Covid-19 no Príncipe Felipe mantivo este mércores unha reunión na que a preparación das medidas anuciadas polo Goberno para permitir as saídas controladas dos menores de 14 anos foi o asunto principal. Presidida pola presideta da Deputación Carmela Silva, o encontro serviu para encargar a elaboración dun protocolo específico para regular ao detalle o modo en que se van a efectuar estes paseos por parte dos nenos do centro.
O director do centro, Manuel Cendón, e os integrantes do comité de seguimento ocuparanse de redactar este documento unha vez que se aprobe o Real Decreto e centrarase en adaptar a norma estatal a un centro que, porsus características, require unhas pautas específicas. “Non debemos correr ningunha risco que bote por terra o magnífico traballo feito ata o de agora, así que é a nosa obriga facer todo o posible para seguir así”, puntualizou a mandataria socialista, quen quixo tamén destacar o esforzo de todo o persoal do Príncipe Felipe, así como dos propios menores que residen neste espazo..
Doutra banda, no marco da celebración do Dïa do Libro, Carmela Silva avanzou que cada un dos usuarios desa residencia recibirá unha obra literaria como agasallo. Neste sentido, convídaos a participar nun desafío por redes sociais consistente en publicar unha cita dalgún dos seus libros favoritos baixo o hashtag #PrincipiñxsDosLibros.
Noutra orde de cousas, o comité de seguimento quixo poñer en valor a progrsiva chegada de material de protección para todo o persoal, o cumprimento das normas de prevención e a boa acollida que tivo a implantación do sistema de videoconferencias para facilitar o contacto entre residentes e os seus familiares.