O Centro Comarcal da Tafona de Caldas continúa coa repartición de máscaras infantís

Umia
05 de maio 2020

O Concello está a distribuír para os menores de 14 anos o material de protección doado pola empresa local Escavacións e Transportes Ivanca

Máscaras distribuídas polo Concello de Caldas de Reis Concello de Caldas de Reis

O Concello de Caldas de Reis está a repartir un lote de mil duascentas máscaras infantís, doadas pola empresa caldense Escavacións e Transportes Ivanca e que servirán para dar protección a toda a poboación menor de catorce anos do municipio.

O alcalde, Juan Manuel Rey, agradeceu esta iniciativa máxime cando "conseguir estas máscaras para poboación infantil está a resultar en xeral moi difícil".

Están a distribuírse desde o pasado sábado e pódense recoller no Centro Comaral da Tafona en horario de 09.00 a 14.00 horas. Trátase de material homologado e reutilizable. No mesmo lugar están a repartirse ademais máscaras para aqueles adultos do centro urbano que non residan en vivendas unifamiliares, xa que nestes casos fíxose un repartición porta a porta: Así como no rural, onde a distribución terminou a semana pasada.

As máscaras para adultos son confeccionadas por voluntariado que traballa desde hai semanas neste obxectivo con material que procede tamén de doazóns, como a da Farmacia Muíños; ou ben adquirido polo Concello. En todos os casos, desde o Concello séguese agradecendo o traballo e achegas recibidas.