O CEIP Manuel Cordo Boullosa e o CEIP A Reigosa contarán cun servizo de limpeza durante dous anos

Ponte Caldelas
08 de xaneiro 2021

Segundo informou o Concello de Ponte Caldelas, vén de adxudicar o servizo á empresa Pulmar Deza SL, sociedade que presentou a oferta máis vantaxosa no concurso: 83.066,5 euros o Manuel Cordo Boullosa e 60.415,3 euros A Reigosa

Paseo Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas Mónica Patxot

O CEIP Manuel Cordo Boullosa e o CEIP A Reigosa de Ponte Caldelas contarán cun servicio de limpeza durante dous anos.

Así o informou o Concello, que vén de adxudicar o servizo á empresa Pulmar Deza SL, sociedade que presentou a oferta máis vantaxosa no concurso: 83.066,5 euros o Manuel Cordo Boullosa e 60.415,3 euros A Reigosa.

Desta forma, neste curso escolar o Concello asumirá a desinfección nestes centros "por responsabilidade", e porá a disposición dos dos centros educativos a unha persoa para a tarefa durante a xornada lectiva.

Tamén engaden que, antes de formalizar este contrato, solicitaron á Consellería de Sanidade que asumise o gasto da limpeza dos dous centros ou, de non ser posible na totalidade, que as dúas administracións asinasen un convenio de colaboración para repartir o custo total do servizo acolléndose ó previsto no apartado 1 da Disposición Adicional Décimo Quinta da Lei Orgánica 2/2006, pero a Consellería de Educación da Xunta de Galicia rexeitou calquera tipo de colaboración co Concello de Ponte Caldelas.

É por iso que o alcalde, Andrés Díaz, quere lembrar que "todos os concellos de Galicia e todos os centros educativos públicos deberían ter un trato igualitario, independentemente de se teñen no seu termo municipal CEIPs ou CPIs".