O carneiro ao espeto volve reinar na carballeira de Santa Lucía

Umia
29 de xullo 2024

Á sombra da carballeira de Santa Lucía, centos de persoas participaron este domingo nunha nova edición, a número 55, da Festa do Carneiro ao Espeto. A pesar da calor reinante, os comensais deron boa conta dos 175 lotes que se reservaron este ano

Festa do Carneiro ao Espeto en Moraña Mónica Patxot

Á sombra da carballeira de Santa Lucía, centos de persoas participaron este domingo nunha nova edición, a número 55, da Festa do Carneiro ao Espeto.

A pesar da calor reinante, os comensais deron boa conta dos 175 lotes que se reservaron este ano, a un prezo de 400 euros, preparados con mimo desde boa mañá.

Cada lote, para unhas vinte persoas, incluía un carneiro asado de entre 12 e 14 quilos, unha empanada de zorza e outra de bacallau, pan, viño tino, botellas de auga, café e augardente.

A xornada festiva, á que acudiron diversas personalidades, entre eles os conselleiros de Cultura e Vivenda, José López e María Martínez Allegue; ou o presidente da Deputación, Luis López; comezou coa animación do grupo Os Encerellados.

Tras a comida popular chegaron o concerto de Roi Casal, a verbena co Grupo América e o fin de festa, que estivo en mans da Duendeneta.